Ferramentas

Ferramentas para o desenvolvemento web

Compilar automáticamente ficheiros Less

fai 3 anos, 9 meses …/Client-side
Compilar automáticamente ficheiros Less Na actualidade xa existen moitas ferramentas e IDE que compilan os ficheiros Less, Coffescript, e outros preprocesadores de CSS/JS, pero sempre está ben ter a opción dos métodos manuais aos que botar man en caso de necesidade.
ler máis »

OperaWatir, un novo membro na familia Watir

fai 6 anos, 5 meses …/Testing
OperaWatir, un novo membro na familia Watir Watir (pronunciado water, é un acrónimo para "Web Application Testing en Ruby") é un toolkit para automatización de interaccións cos navegadores web (FF, Chrome, Opera, IE) dos mesmos creadores que Selenium, (openqa). OperaWatir é un novo membro da familia de toolkits de testing Watir. Combinado cun framework de testing conducido por comportamento (behavior-driven testing framework) tal que RSpec, é posible testear as túas aplicacións web nos actuais navegadores, emulando o comportamento do usuario.
ler máis »

Firebug, DragonFly e Chromium Developer Tools (I)

fai 7 anos, 8 meses …/Client-side
Antes da aparición de Firebug había que facer uso da consola javascript (se o navegador contaba con ela) e outros plugins de firefox (console2, web developer toolbar, ... tamén incribles), e no caso doutros navegadores había que facer enxeñería empregando alerts, mensaxes a un popup, etc. Hoxe xa dispoñemos de clons para o resto dos navegadores ou podemos facer uso de firebug lite. O certo é que firebug marcou un antes e un despois no desenvolvemento web, traendo do olvido á linguaxe javascript, que noutrora só era unha linguaxe para validar formularios no lado cliente. Alguén pode pensar que xa existía o MS Script Debugger; pero seamos serios, falamos de ferramentas usables e que faciliten o traballo, non que o dificulten.
ler máis »

Vimperator

fai 7 anos, 8 meses …/Client-side
Vimperator Vimperator é un plugin de Firefox, que o fai parecer e comportarse como o editor de textos Vim. As accións máis habituais poderán levarse a cabo como se estivesemos a traballar con vim e os seus atallos de teclado.
ler máis »

Actualizado: Rescatando FirefoxFalaGalego, agora empregando Google…

fai 7 anos, 8 meses …/Client-side
Actualizado a versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase Un pouco farto de que deixase de funcionar e/ou mudasen de enderezo o servizo de opentrad, decanteime por empregar unicamente o servizo de Google como motor de tradución do FirefoxFalaGalego. Outra historia é a política de publicación de Mozilla, que non me parece que estea mal, soamente que me resta tempo para simplemente publicar un add-on. Co cal deixo dispoñible dende esta web o ficheiro xpi para o seu uso baixo a responsabilidade de cada un. » Descargar (versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase). O seu funcionamento segue sendo igual ca sempre, inda que agora temos os pares de tradución EN-ES, ES-EN, GL-EN e EN-GL. Ctrl + G
ler máis »

Os meus addons de Firefox

fai 7 anos, 9 meses …/Client-side
Esta é unha recompilación dos 50 plugins de firefox cos que normalmente traballo (Firefox 3.0, sorry): CLEO{4.3}.xpi ? Create multi-addon install package (Cleopack) CodeBurnerforFirebug{1.5}.xpi ? Extends Firebug with reference material for HTML and CSS ColorZilla{2.0.2.1}.xpi ? Advanced Eyedropper, ColorPicker, Page Zoomer and other colorful goodies firefoxfalagalego-{1.2}-ko.xpi ? Google Tradutor en liña (nova versión)  
ler máis »

NautilusSVN, o TortoiseSVN para GNOME

fai 7 anos, 10 meses …/Control de versións
NautilusSVN, o TortoiseSVN para GNOME No meu día a día SVN é unha ferramenta imprescindible. A xente que traballa co sistema operativo "ventás" seguro que coñecen TortoiseSVN. Pois agora os usuarios de GNOME  contamos con NautilusSVN unha réplica de TortoiseSVN. Ata o de agora existían outras ferramentas que non me chegaron a convencer e sempre acababa traballando dende o cliente svn de consola, agora probarei a ver que tal funciona NautilusSVN.
ler máis »