desenvolvemento web en galego
fai 4 semanas, 2 días
…/PHP
Publicado o código de DatabaseIterator en Github
ler máis »
fai 2 meses, 3 semanas
…/Xeral
A nova versión de Komodo 8 (IDE e Edit) tivo un lavado de cara co restyling de interface que lle fixeron inspirándose en Sublime Text.
Calquera dos dous editores parécenme tremendos para desenvolvedores web. Levo moitos anos con Komodo e síntome moi "kómodo" con él, de todos modos hai que valorar os moitos paquetes de Sublime Text.
ler máis »
fai 7 meses
…/Xeral
O pasado día 19 de outubro participei como relator na Libre Software World Conference 2012, coa charla «El quiero y no puedo de un Escritorio de Trabajo en Software Libre en el SPEG».
ler máis »
fai 8 meses, 1 semana
…/Joomla
Xa contamos coa nova versión de Joomla! 3.0. Non é necesario que os usuarios muden a esta versión do CMS, xa que a 2.5 é unha versión Long Term Support e non será ate a versión 3.5 (planificada para verán de 2014). Entre as novas características gustaría reseñar o soporte para postgresql. Agora será posible ter unha instalación Joomla! traballando con PostgreSQL, abrindo o abano de posibilidades de integración noutros sistemas.
ler máis »
fai 8 meses, 1 semana
…/PHP
Despois de moitas versións beta e RC xa está dispoñible a versión 2 de Zend Framework (ZF2). ZF2 é un framework open source para o desenvolvemento de aplicacións web e servizos empregando PHP 5.3+ Zend Framework 2 é 100% orientado a obxectos e emprega as novas características de PHP 5.3 dun xeito intensivo: espacio de nomes, funcións lambda, closures, carga perezosa de clases, ...
ler máis »
fai 1 ano, 1 mes
…/Bash Scripting
Chuleta para establecer os permisos nun directorio web de traballo nunha instalación LAMP (GNU/Linux). O sistema de ficheiros ten que soportar ACL.
ler máis »
fai 1 ano, 10 meses
…/HTML5
Initializr é un asistente que facilita a creación de plantillas HTML5. O asistente permite escoller se a plantilla incluirá contido, que librerías de javascript incluir (jQuery, modernizr, html5shiv, ...), ficheiros de configuración do lado servidor (.htaccess, web.config ou nginx.conf), si se inclúe código de seguemento (google analytics),...
Despois de escoller as nosas preferencias e premer en Download, descargarase nun zip unha plantilla moi útil para comezar a traballar cun código HTML5. O código está moi limpo e coidado, e os engadidos coma o ficheiro .htaccess ten en conta moitos aspectos que mellorarán o comportamento do servidor, só basta botarlle unha ollada:
HTML5 Boilerplate Server Configs
ler máis »
fai 2 anos
…/Xeral
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración con Oracle, o vindeiro martes día 7 de xuño, de 10:00 a 13.30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre web services.
ler máis »
fai 2 anos
…/Javascript
overlib é unha biblioteca javascript que permitía permite crear o típico efecto de "tooltip" dende hai anos. A aparición de framework javascript coma jQuery, prototype, dojo, ... facilitaron a proliferación dunha morea de alternativas máis atractivas e que siguen deseños máis accesibles e menos intrusivos.
ler máis »
fai 2 anos, 1 mes
…/HTML5
Maqetta preséntase coma un proxecto de código aberto para ter unha ferramenta, empregando HTML5 con soporte drag & drop, para o desenvolvemento de interfaces web, tanto para contornos de escritorio como para móbiles.
Ao estar creada seguindo os estándares da web o aplicativo traballará nos navegadores sen a necesidades de complementos adicionais. O código fonte do aplicativo pódese descargar e instalar en servidores propios ou realizar «customizacións» adicionais.
ler máis »
fai 2 anos, 1 mes
…/Java
SpringSource decidiu incrementar a productividade dos desenvolvedores creando Spring Roo. Esta ferramenta facilita o acceso a todas as principais e máis importantes tecnoloxías Java do momento, para crear aplicacións empresarias sen perder en rendemento. Facendo uso da consola que proporciona roo podemos crear a estructura do proxecto, as entidades JPA, os controladores e as vistas en Spring MVC, a interface en GWT, as buscas con Solr, fluxos con Spring Web Flow, desenvolver os nosos propios «addons», ... e finalmente paquetizar a nosa aplicación nun ficheiro WAR para posteriormente despregalo nun contedor web.
ler máis »
fai 2 anos, 1 mes
…/Bash Scripting
Script en bash para desmontar todos os puntos de montaxe CIFS.
ler máis »