ZFDebug é un plugin para Zend Framework que inclúe unha pequena, pero moi útil, barra de ferramentas en cada unha das páxinas da aplicación fornecendo información de depuración/desenvolvemento (tempo de execución, uso de memoria, número de consultas a base de datos, info do contorno de desenvolvemento, ...). Este proxecto está inspirado na barra análoga dispoñible en symfony.
O código atópase en Google Code e pódese descargar sendo moi sinxela a integración nunha aplicación desenvolvida con Zend Framework. Só basta con implementar un método "_initZFDebug" da clase Bootstrap no ficheiro application/Bootstrap.php co o seguinte:
class Bootstrap extends Zend_Application_Bootstrap_Bootstrap { //... protected function _initZFDebug() { $autoloader = Zend_Loader_Autoloader::getInstance(); $autoloader->registerNamespace('ZFDebug'); $options = array( 'plugins' => array('Variables', 'File' => array('base_path' => '/var/www/galdic/galdic'), 'Memory', 'Time', 'Registry', 'Exception') ); if ($this->hasPluginResource('db')) { $this->bootstrap('db'); $db = $this->getPluginResource('db')->getDbAdapter(); $options['plugins']['Database']['adapter'] = $db; } # Setup the cache plugin if ($this->hasPluginResource('cache')) { $this->bootstrap('cache'); $cache = $this-getPluginResource('cache')->getDbAdapter(); $options['plugins']['Cache']['backend'] = $cache->getBackend(); } $debug = new ZFDebug_Controller_Plugin_Debug($options); $this->bootstrap('frontController'); $frontController = $this->getResource('frontController'); $frontController->registerPlugin($debug); } }
O nome do método ten que comezar co sufixo _init, o resto do nome do método non inflúe, véxase a documentación de Zend_Application.
Despois só queda incluir no directorio public/images/ as iconas que veñen no código dentro do directorio debugbar/
Referencias:
Última actualización | 2012-08-16 12:31 AM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2009-11-17 11:00 PM (Europe/Madrid) |
ZFDebug plugin for Zend Framework | |
zendframework php |