fai 13 anos, 6 meses
…/Java
SpringSource decidiu incrementar a productividade dos desenvolvedores creando Spring Roo. Esta ferramenta facilita o acceso a todas as principais e máis importantes tecnoloxías Java do momento, para crear aplicacións empresarias sen perder en rendemento. Facendo uso da consola que proporciona roo podemos crear a estructura do proxecto, as entidades JPA, os controladores e as vistas en Spring MVC, a interface en GWT, as buscas con Solr, fluxos con Spring Web Flow, desenvolver os nosos propios «addons», ... e finalmente paquetizar a nosa aplicación nun ficheiro WAR para posteriormente despregalo nun contedor web.
ler máis »
fai 13 anos, 10 meses

fai 14 anos, 6 meses
…/Java
Este venres pasei o exame para a certificación de programador Java (SCJP). Un exame que hai que levar preparado xa que o aprobado está nun 65%, e as preguntas son "a pillar". O mellor recurso para o estudo é o libro de Kathy Sierra.
ler máis »
fai 14 anos, 9 meses
…/Java
A comunicación entre javascript e un applet Java é moi sinxela. Para amosar o funcionamento deixo un exercicio de prácticas que fixen amosando como recuperar o applet no DOM e como acceder aos métodos que ten implementados.
ler máis »
fai 14 anos, 9 meses
…/Java
JAXB é unha tecnoloxía que proporciona unha maneira rápida de "mapear" documentos XML en obxectos Java. Dado un esquema XML (XML Schema *.xsd) que especifica a estrutura do documento XML, o compilador de JAXB (xjc) xera un conxunto de clases co código necesario para procesar, ou xerar, calquer documento XML baseado no esquema.
Para probar esta tecnoloxía propúxenme facer un parser das novas, en formato Atom, de vifito.eu. JAXB vén de serie con java 6, para comprobar que podemos facer este "experimento" basta con ir a consola e probar se temos o seguinte comando xjc.
ler máis »