Xestión de Contidos, CMS, Joomla!, TYPO3, ...
fai 10 anos, 4 meses
…/MODX
A versión 2.3 de MODX vén cun redeseño do manager (o backend), cunha nova arquitectura de menú, melloras no rendemento que fan que vaia máis rápido e con engadidos para poder crear temas para o manager con Sass e ExtJS. Ademais inclúe Uberbar, unha barra para atopar calquera cousa no Manager. Tamén veñen de serie nova clases para implementar servicios REST en MODX. Comezaremos a facer probas para migrar GalDic e integralo en MODX.
ler máis »
fai 12 anos, 2 meses
…/Joomla
Xa contamos coa nova versión de Joomla! 3.0. Non é necesario que os usuarios muden a esta versión do CMS, xa que a 2.5 é unha versión Long Term Support e non será ate a versión 3.5 (planificada para verán de 2014). Entre as novas características gustaría reseñar o soporte para postgresql. Agora será posible ter unha instalación Joomla! traballando con PostgreSQL, abrindo o abano de posibilidades de integración noutros sistemas.
ler máis »
fai 13 anos, 8 meses
…/Joomla
Developing components using Joomla CCKs
ler máis »
fai 13 anos, 11 meses
…/Outros CMS
Pimcore foi escollido como o CMS máis prometedor de 2010 nos Open Source Awards 2010. Pimcore é un CMS baseado en Zend Framework e ExtJS, e liberado baixo licencia BSD. As novas versións xa inclúen jQuery a maiores, xa que é posible que se prescinda de ExtJS. Conta cun backend cunha interface RIA que fai un uso intensivo de comunicacións Ajax/Json.
Open-Source Product Information Management
A interface de administración conta cun apartado para a creación dos nosos modelos de negocio nunha interface RAD. Dende este apartado, empregando compoñentes gráficos, poderemos crear as nosas entidades do negocio e xestionar os datos relacionados. Esta característica, en Pimcore, coñécese co nome de Product Information Management (PIM).
Extensible
Pimcore é extensible a través de plugins e widgets. As extensións poden ser distribuidas mediante un servidor de plugins adicado ou empregando o repositorio principal do proxecto. Tamén é posible aproveitar todas as vantaxes que oferta Zend Framework e despregar no CMS módulos e controladores ZF dun xeito sinxelo e aproveitándonos dos modelos creados no PIM.
Integración
Pimcore proporciona interfaces para a integración de aplicacións baseadas en Java e integración de obxectos Java mediante a utilización de PHP-Java-Bridge e Apache Thrift.
ler máis »
fai 14 anos, 11 meses
…/Joomla
Rescatando unha presentación que din nas Xornadas Web de Ousli xa fai dous anos. Pode ser de utilidade se alguén está comezando a desenvolver extensións para Joomla! 1.5
ler máis »
fai 15 anos, 3 meses
…/Joomla
Traballando no proxecto fin de curso do CDWA estou estudiando tecnoloxías que permitan o traballo fora de liña en aplicacións web. As tecnoloxías que atopei son: adobe air, applets java (cun desenvolvemento que permita a caché de contidos e o almacenamento local), google gears e despois outras menos coñecidas, pero non menos interesantes, como Titanium App. Ao final decanteime por Google Gears e a "customización" que fixo a fundación Dojo (Dojox.off), e que tamén me permite aproveitar o código para aplicacións AIR grazas a dair (Dojo extensions for Adobe AIR). Nesta procura de tecnoloxías foi cando me atopei con gears-pubtools.
ler máis »
fai 15 anos, 7 meses
…/Joomla
Quercus é unha implementación de PHP5 en Java. O meu experimento parte da idea de poder ter un portal Joomla! 1.5 aloxado nun servidor de aplicacións Java e poder acceder a outras libreríasbibliotecas, código, API, ... en Java.
ler máis »