Proxectos propios e outros experimentos

Database Transversal API
DatabaseIterator é unha clase que, coa axuda de ADOdb, pretende axilizar o traballo á hora de interactuar cunha base de datos. A idea é programar contra unha base de datos como se estivesemos a traballar con arrays. Aproveitando as características de PHP5 (as interfaces de ArrayIterator, ArrayAccess, os métodos máxicos, ...) é posible percorrer todas as táboas, filas e columnas dunha base de datos.

GalDic
GalDic é o resultado do proxecto fin de curso de desenvolvemento web avanzado. GalDic é un dicionario de galego 2.0. O que non se ve é que conta con servizos web que están dispoñibles para o seu uso. En canto teña tempo publicarei exemplos de código que amosan o seu uso, no entanto, comenzarei unha fase de testeo e viabilidade dunha interface offline empregando as novas características de HTML5, e unha versión móbil.

Proxectos


Dicionario de Galego