IBM lanza Maqetta, a súa ferramenta HTML5 de código aberto en resposta a Silverlight

Maqetta_Logo_250x76IBM vén de anunciar a súa ferramenta de edición visual con HTML5, Maqetta, para desenvolver aplicacións web ricas, baixo licenza open source e cedida á Dojo Foundation. Maqetta preséntase coma un proxecto de código aberto para ter unha ferramenta, empregando HTML5 con soporte drag & drop, para o desenvolvemento de interfaces web, tanto para contornos de escritorio como para móbiles.

Ao estar creada seguindo os estándares da web o aplicativo traballará nos navegadores sen a necesidades de complementos adicionais. O código fonte do aplicativo pódese descargar e instalar en servidores propios ou realizar «customizacións» adicionais.

Rod Smith, vicepresidente de tecnoloxías emerxentes de IBM dixo no seu lanzamento:

O problema en poucas palabras é que o ecosistema de Ajax quédase curto en canto a ferramentas coma Adobe Flash, Microsoft Silverlight ou outras similares. Tivemos ata 120 empresas na OpenAjax Alliance e a queixa máis frecuente era a interoperabilidade dos widgets e a necesidade de ferramentas visuais, polo que se decidiu facer fronte a todo iso. A nosa idea foi facer todo na web.

Rod Smith, vicepresidente de tecnoloxías emerxentes de IBM

Estas son algunhas das características de Maqetta:

  • Editor visual da páxina
  • Interface Drag/Drop
  • Deep Support para CSS
  • Mecanismo para a organización dun prototipo de interface de usuario e dentro de «estados de aplicación», un sistema que permitirá un deseño de interface para definir a interactividade sen necesidade de programación.
  • Review basada en web Wire.framing, característica que permite aos deseñadores crear propostas de interface de usuario.
  • Editor de temas para personalizar o estilo visual da colección de widgets

maqetta

OLLO: Maqetta está nunha fase inicial. IBM donou a ferramenta á Fundación Dojo, a cal alberga varias iniciativas de código aberto.

Fonte: Bitelia

Última actualización 2012-07-26
1:09 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2011-04-12
10:18 PM (Europe/Madrid)
maqetta html5 dojo