GalDic en retrincos.info

galdic.vifito.euDende esta semana está dispoñible o dicionario de galego GalDic no subdominio galdic.vifito.eu. O dicionario emprega unha base de datos propia e no caso de non atopar o termo busca no dicionario da RAG e na Galipedia.

O proxecto está deseñado para ser integrado en calquera sistema de xestión de contidos, proba delo é a inclusión do buscador na plataforma OpenNemas.

Dende hoxe está publicado un widget de Galdic en retrincos.info, o xornal de demostración de OpenNemas. A tecnoloxía empregada no widget é a comunicación vía JSONP, contra a seguinte uri:

http://galdic.vifito.eu/index/xsearch/q/TERMO?callback=...

En breve publicarei un tutorial explicando detalladamente o desenvolvemento de widgets con jquery e dojo.

Outro exemplo de integración tamén está dispoñible no post sobre o uso da api da galipedia.

Última actualización 2012-08-29
2:38 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2010-06-30
9:08 PM (Europe/Madrid)