Ao traballar cun contedor de servlets coma Tomcat, no momento de procesar un envío por POST e mostrar os datos enviados podemos atoparnos cunha codificación que non é a axeitada e ver os caracteres en ISO-8859 cando deberían estar en UTF-8.
No caso de estar desenvolvemento unha aplicación con Spring podemos botar man dun filtro (org.springframework.web.filter.CharacterEncodingFilter) que vén co framework. Este filtro forzará a codificación e non aparecerán os molestos caracteres do estilo áñ
A continuación recóllese a configuración que hai que engadir no ficheiro WEB-INF/web.xml do noso proxecto:
<web-app> ... <filter> <filter-name>encodingFilter</filter-name> <filter-class>org.springframework.web.filter.CharacterEncodingFilter</filter-class> <init-param> <param-name>encoding</param-name> <param-value>UTF-8</param-value> </init-param> <init-param> <param-name>forceEncoding</param-name> <param-value>true</param-value> </init-param> </filter> <filter-mapping> <filter-name>encodingFilter</filter-name> <url-pattern>/*</url-pattern> </filter-mapping> ... </web-app>