Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración con Oracle, o vindeiro martes día 7 de xuño, de 10:00 a 13.30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre web services.
O seminario, de carácter práctico e dirixido a un perfil de profesional técnico interesado en contidos de interoperabilidade e intercambio de datos entre aplicacións, está orientado a mostrar o tipo de aplicacións que se poden desenvolver utilizando servizos web. O relator do evento será D.Daniel Gómez Vendrell, técnico consultor de Oracle especializado na área de Java.
Axenda da xornada e contidos a desenvolver:
O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG é de balde e condicionado ao aforo do local.
Última actualización | 2012-08-20 12:09 AM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2011-05-11 10:59 PM (Europe/Madrid) |
webservices java mashup |