fai 6 anos, 3 meses
…/Xeral
Despois de levar moito tempo sen escribir ningún artigo este pasado martes publicouse a entrevista que me fixo Daniel Primo para o Podcast WebReactiva. Un Podcast que trata principalmente temas de desenvolvemento web e novas tecnoloxías imprescindible para persoas que estamos no eido do desenvolvemento web.
ler máis »
fai 9 anos, 5 meses
…/Xeral
Microsoft vén de publicar o seu novo editor de código Visual Studio Code (que non IDE) de balde, baixo uns termos de licenzamento un pouco particulares. Como todos os editores de código que están aparecendo ultimamente non fai máis que copiar a interface de Sublime, e tamén funcionalidades como a "Paleta de Comandos", edición simultánea en varias pestanas, ...
ler máis »
fai 11 anos, 3 meses
…/Xeral
Nova edición do Máster en Desenvolvemento Web da Universidade Jaume I. A meirande parte de profesionais do mundo web non dispoñen de vías sinxelas para porse ao día en novas tecnoloxías. Nos estudos de enxeñarías informáticas tampouco hai lugar para a especialización e profundización, a ocasións nin se tocan os conceptos das tecnoloxías web actuais.
ler máis »
fai 11 anos, 7 meses
…/Xeral
A nova versión de Komodo 8 (IDE e Edit) tivo un lavado de cara co restyling de interface que lle fixeron inspirándose en Sublime Text.
Calquera dos dous editores parécenme tremendos para desenvolvedores web. Levo moitos anos con Komodo e síntome moi "kómodo" con él, de todos modos hai que valorar os moitos paquetes de Sublime Text.
ler máis »
fai 12 anos
…/Xeral
O pasado día 19 de outubro participei como relator na Libre Software World Conference 2012, coa charla «El quiero y no puedo de un Escritorio de Trabajo en Software Libre en el SPEG».
ler máis »
fai 13 anos, 5 meses
…/Xeral
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración con Oracle, o vindeiro martes día 7 de xuño, de 10:00 a 13.30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre web services.
ler máis »
fai 13 anos, 6 meses
…/Xeral
Está dispoñible a versión 2.6.6 de WDT (Web Developer Tools), unha toolbox de aplicacións e utilidades para axilizar o desenvolvemento web. OLLO! non confundir coa toolbar para firefox "Web Developer Toolbar", outra ferramenta indispensable.
ler máis »
fai 13 anos, 10 meses
…/Xeral
Instalando aplicacións web nun servidor normalmente trabállase nunha sesión SSH nun terminal, e en ocasións temos que botar man da documentación para ver os pasos a seguir. A documentación do software nestes casos suele vir en formato texto, con nomes do estilo README, INSTALL, ...Non é normal atopar a documentación en formato ODT, pero si se dese o caso podemos instalar odfread para poder ler o documento sen necesidade de ter un contorno de escritorio. Odfread vén dentro das odftools que podemos atopar en OpenDocument Fellowship.Os requisitos para instalar as odftools son: Perl, make, xsltproc e eLinks ou Lynx.
ler máis »
fai 14 anos, 1 mes
…/Xeral
NCSA, We would like to let you know about a special program we have set up for customers in Spain.
ler máis »
fai 14 anos, 3 meses
…/Xeral
Aproveitando o curso do CNTG "Desenvolvemento web en JEE5" e a opción de exame de certificación tiven a sorte de superar a proba. Nesta ocasión pedían un 70% de acertos, ter un mínimo de 49 preguntas das 69 totais.
ler máis »
fai 14 anos, 4 meses
…/Xeral
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar o primeiro Premio Proxecto Fin de Carreira, dirixido a estudantes de Enxeñaría en Informática que realizaran os seus estudos en Galicia nos últimos dous anos (2009 ou 2010). Con este galardón, o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes de Enxeñaría en Informática.Aqueles/as estudantes que desexen participar nesta convocatoria poden atopar na páxina do CPEIG as bases da mesma e o modelo de candidatura. Unha comisión, integrada por docentes universitarios e representantes do CPEIG, valorará os traballos recibidos e determinará o nome do gañador ou gañadora. A persoa galardoada recibirá 1.000 euros como premio ao seu esforzo e traballo.O galardón do CPEIG insírese nos Premios da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que o ente colexial organizará no presente ano o vindeiro 15 de outubro, no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
Fonte: CPEIG
ler máis »
fai 14 anos, 5 meses
…/Xeral
Hummingbird é un proxecto inda en fase prealpha que permite a visualización do tráfico dunha web en tempo real.
Facendo uso de WebSockets, MongoDB e Node.js, a aplicación ten dispoñible a información cada 20 veces por segundo -- un valor bastante próximo ao tempo real na miña opinión.
ler máis »
fai 14 anos, 8 meses
…/Xeral
Presentación de Rafael Carneiro que relata o significado do desenvolvedor web, tecnoloxías emerxentes, formación, ...
ler máis »
fai 14 anos, 8 meses
…/Xeral
Título de postgrado de «Especialista en desenvolvemento web avanzado» pola Universidade Jaume I de Castellón.
ler máis »
fai 14 anos, 9 meses
…/Xeral
Grazas ao proxecto Java Galician dispoñemos a partir de agora dunha solución «elegante» para ter soporte de Locales en Java ao galego. A xente de Sun non fixo máis que ignorar as peticións da comunidade que lle pedía engadir soporte na JVM para as Locales do galego.
ler máis »
fai 14 anos, 9 meses
…/Xeral
O pasado ano fun alumno do "curso de desarrollo web avanzado" (CDWA) da Universidade Jaume I. Un curso para ter o título de especialista en desenvolvemento web que a verdade, ademáis de obter a titulitis, estivo moi ben. As razóns que me levaron a matricularme no curso foron: a posibilidade de que fose online, o custo do curso non é desorbitado, ... e principalmente o temario. Ademais engadir que todo o material e as explicacións sempre tiveron en conta as solucións baseadas en software libre ou en código aberto; NON apareceron módulos para aprender a usar software privativo. Os mestres ademais animaban aos alumnos a empregar GNU/Linux para desenvolver as prácticas. Por estas razóns fago publicidade, de balde, do curso.
Outro curso que ten moi boa pinta é o "Módulo web" do Máster de Software Libre de Caixanova. Un módulo no que se verá: PHP (TYPO3), Java (ZK), Python (django), Ruby (on Rails), ... Persoalmente paréceme un acerto que a metodoloxía deste módulo teña unha forte compoñente práctica, xunto cun profesorado con experiencia do que fala.
ler máis »
fai 14 anos, 9 meses
…/Xeral
No ano 2001 fixera un traballo academicamente dirixido co título: "Estudio del arte en la generación de contenido dinámico para la web" que decidín compartir. No ano 2001 estaba fortemente posicionado ASP como tecnoloxía do lado servidor, dada a súa simplicidade para os desenvolvedores. Daquelas non era trivial poñer a funcionar un mod_php sobre Apache 1.3 ou un mod_proxy que traballase co servlet runner de JSWDK.
ler máis »