IBM vén de anunciar a súa ferramenta de edición visual con HTML5, Maqetta, para desenvolver aplicacións web ricas, baixo licenza open source e cedida á Dojo Foundation. Maqetta preséntase coma un proxecto de código aberto para ter unha ferramenta, empregando HTML5 con soporte drag & drop, para o desenvolvemento de interfaces web, tanto para contornos de escritorio como para móbiles.
Ao estar creada seguindo os estándares da web o aplicativo traballará nos navegadores sen a necesidades de complementos adicionais. O código fonte do aplicativo pódese descargar e instalar en servidores propios ou realizar «customizacións» adicionais.
Rod Smith, vicepresidente de tecnoloxías emerxentes de IBM dixo no seu lanzamento:
O problema en poucas palabras é que o ecosistema de Ajax quédase curto en canto a ferramentas coma Adobe Flash, Microsoft Silverlight ou outras similares. Tivemos ata 120 empresas na OpenAjax Alliance e a queixa máis frecuente era a interoperabilidade dos widgets e a necesidade de ferramentas visuais, polo que se decidiu facer fronte a todo iso. A nosa idea foi facer todo na web.
Rod Smith, vicepresidente de tecnoloxías emerxentes de IBM
Estas son algunhas das características de Maqetta:
OLLO: Maqetta está nunha fase inicial. IBM donou a ferramenta á Fundación Dojo, a cal alberga varias iniciativas de código aberto.
Fonte: Bitelia