NautilusSVN, o TortoiseSVN para GNOME

No meu día a día SVN é unha ferramenta imprescindible. A xente que traballa co sistema operativo "ventás" seguro que coñecen TortoiseSVN. Pois agora os usuarios de GNOME  contamos con NautilusSVN unha réplica de TortoiseSVN. Ata o de agora existían outras ferramentas que non me chegaron a convencer e sempre acababa traballando dende o cliente svn de consola, agora probarei a ver que tal funciona NautilusSVN.

A instalación é moi sinxela, basta descagar e instalar o ficheiro deb da páxina do proxecto http://code.google.com/p/nautilussvn/

Fonte: solitarygeek.com

Última actualización 2012-08-23
10:18 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2009-09-25
7:34 AM (Europe/Madrid)
NautilusSVN, alternativa a TortoiseSVN para GNOME
subversion produtividade toolbox