OperaWatir, un novo membro na familia Watir

Watir (pronunciado water, é un acrónimo para "Web Application Testing en Ruby") é un toolkit para automatización de interaccións cos navegadores web (FF, Chrome, Opera, IE) dos mesmos creadores que Selenium, (openqa).

OperaWatir é un novo membro da familia de toolkits de testing Watir. Combinado cun framework de testing conducido por comportamento (behavior-driven testing framework) tal que RSpec, é posible testear as túas aplicacións web nos actuais navegadores, emulando o comportamento do usuario.

Para instalar OperaWatir é necesario instalar primeiro jRuby e despois executar na consola:

jruby -S gem install operawatir

Para ver todos os comandos:

operawatir --help

Os programadores Ruby poden comezar a implementar os seus test botándolle unha ollada ao seguinte tutorial.

Descargar OperaWatir

Última actualización 2013-10-26
2:54 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2011-02-21
11:58 PM (Europe/Madrid)
OperaWatir, watir para Opera
javascript ruby http