Actualizado a versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase
Un pouco farto de que deixase de funcionar e/ou mudasen de enderezo o servizo de opentrad, decanteime por empregar unicamente o servizo de Google como motor de tradución do FirefoxFalaGalego.
Outra historia é a política de publicación de Mozilla, que non me parece que estea mal, soamente que me resta tempo para simplemente publicar un add-on. Co cal deixo dispoñible dende esta web o ficheiro xpi para o seu uso baixo a responsabilidade de cada un.
» Descargar (versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase).
O seu funcionamento segue sendo igual ca sempre, inda que agora temos os pares de tradución EN-ES, ES-EN, GL-EN e EN-GL.
Ctrl + G
Última actualización | 2009-11-26 3:21 PM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2009-11-24 8:50 PM (Europe/Madrid) |