Entrevista en WebReactiva

Despois de levar moito tempo sen escribir ningún artigo este pasado martes publicouse a entrevista que me fixo Daniel Primo para o Podcast WebReactiva. Un Podcast que trata principalmente temas de desenvolvemento web e novas tecnoloxías imprescindible para persoas que estamos no eido do desenvolvemento web.

Na entrevista falamos do repositorio do Concello de Lalín, onde liberamos varios proxectos. Entre eles destacamos o proxecto das enquisas do cocido e o widget de telegram.

Tamén falamos do software libre que empregamos no Concello como: Omeka, GLPI, Zabbix, Piwik(Matomo), ... E para rematar falamos das tecnoloxías que me gustaría avaliar nos vindeiros meses, a ver se conto co tempo suficiente.

 

Última actualización 2018-06-22
9:40 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2018-06-22
9:17 AM (Europe/Madrid)
Despois de levar moito tempo sen escribir ningún artigo este pasado martes publicouse a entrevista que me fixo Daniel Primo para o Podcast WebReactiva.
software libre seguridade eadministracion

Relacionados