No ano 2001 fixera un traballo academicamente dirixido co título: "Estudio del arte en la generación de contenido dinámico para la web" (2,3 MB) que atopei hoxe e decidín compartir.
No ano 2001 estaba fortemente posicionado ASP como tecnoloxía do lado servidor, dada a súa simplicidade para os desenvolvedores. Daquelas non era trivial poñer a funcionar un mod_php sobre Apache 1.3 ou un mod_proxy que traballase co servlet runner de JSWDK.
A día de hoxe este documento só ten un interese histórico no que os únicos apartados interesantes poidan ser os introdutorios de HTTP, CGI e FastCGI, xa que varias das tecnoloxías tratadas están desaparecidas ou obsoletas.
Dende o 2001 as tecnoloxías do lado servidor evolucionaron moitísimo e na actualidade as "buzzwords" son outras: frameworks, RIA, lado cliente, Ajax, Web 2.0, redes sociais, folcksonomías, ...
Dentro duns anos teremos outros termos, quen sabe si aparecerán e se fará uso da: web 3.0, web semántica, wed 3D, xestores de coñecemento, ontoloxías, OWL, RDF, ...
Última actualización | 2012-08-29 10:23 PM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2009-12-28 5:40 PM (Europe/Madrid) |
Estado del arte en la generación de contenido dinámico para la web | |
enxeñeria informática http java php cgi |