Javascript

Código fonte javascript

Lembrando os clásicos, overlib

fai 12 anos, 10 meses …/Javascript
overlib é unha biblioteca javascript que permitía permite crear o típico efecto de "tooltip" dende hai anos. A aparición de framework javascript coma jQuery, prototype, dojo, ... facilitaron a proliferación dunha morea de alternativas máis atractivas e que siguen deseños máis accesibles e menos intrusivos.  
ler máis »

Pintado carteis con canvas

fai 13 anos, 2 meses …/Javascript
Pintado carteis con canvas O día 2 de xaneiro entrou en vigor a Ley Antitabaco que prohibe fumar na maioría dos locais públicos salvo excepcións contadas. Para lembrarllo a xente ten que existir a cartelería correspondente nos locais. É aquí cando vexo os carteis de "Prohibido Fumar", e o sinxelo que sería debuxalos con simples trazos de liñas e círculos. Entón venme a cabeza a idea de debuxar un cartel de prohibido fumar empregando a tag canvas para deste modo ir probando funcionalidades de HTML5. Botando man do libro "Dive into HTML5" do autor Mark Pilgrim e do seu capítulo "Let's Call it a Draw(ing Surface)" póñome mans a obra.
ler máis »

Táboa de compatibilidade ECMAScript 5

fai 13 anos, 2 meses …/Javascript
Táboa de compatibilidade ECMAScript 5
ler máis »

GalDic en retrincos.info

fai 13 anos, 8 meses …/Javascript
Dende esta semana está dispoñible o dicionario de galego GalDic no subdominio galdic.vifito.eu. O dicionario emprega unha base de datos propia e no caso de non atopar o termo busca no dicionario da RAG e na Galipedia. O proxecto está deseñado para ser integrado en calquera sistema de xestión de contidos, proba delo é a inclusión do buscador na plataforma OpenNemas.
ler máis »

Server-sent events, comunicación servidor-cliente en HTTP

fai 14 anos, 2 meses …/Javascript
Server-sent events, comunicación servidor-cliente en HTTP Unha das características engadidas a Opera dende a versión 9 son os Server-Sent Events (SSE), os cales forman parte da especificación WHATWG Web Applications 1.0. Facendo uso dos SSE podemos empuxar (push) eventos DOM dende o servidor ao navegador cliente dun xeito continuado.
ler máis »

Persistencia de obxectos javascript con HTML5

fai 14 anos, 2 meses …/Javascript
Persistencia de obxectos javascript con HTML5 Até o de agora a forma de almacenar datos persistentes no navegador cliente pasaban por empregar cookies. Outras solucións precisa(ba)n de plugins instalados no navegador: JRE + applets, Flash player + , SQLite + Firefox , Google Gears, ... Cando HTML5 esté amplamente extendido poderemos facer uso do API DOM Storage de HTML5 co cal os datos poderán persistir sen ter que empregar a dificultade do traballo coas cookies. Combinando esta característica cos métodos JSON#stringify e JSON#parse podemos almacenar obxectos complexos dun modo moi sinxelo.
ler máis »

GalipediaBox, Usando o API da Galipedia

fai 14 anos, 3 meses …/Javascript
GalipediaBox, Usando o API da Galipedia Unha das funcionalidades implementadas no proxecto GalDic é a posibilidade de amosar os resultados da pesquisa procurando na galipedia (ou en calquer outro sitio que empregue mediawiki). Este cliente fai uso do API de mediawiki e realiza peticións directamente dende o navegador cliente contra o servizo da wikipedia empregando a técnica JSONP (JSON with Padding), sen que sexa preciso empregar o servidor do sitio como proxy.
ler máis »

Javascript closures

fai 14 anos, 3 meses …/Javascript
Javascript closures Se facemos uso da programación orientada a obxectos en javascript é habitual botar man das clausuras para manexar os eventos HTML por medio dos métodos do obxecto. As clausuras javascript non deixan de ser funcións javascript pero que se executan baixo un contexto que lle especificamos. 
ler máis »

Matriz de frameworks javascript

fai 14 anos, 6 meses …/Javascript
Matriz cos frameworks javascript máis relevantes xunto cunha referencia da sintase para as principais funcionalidades presentes en todos eles.
ler máis »

Exemplo de uso de YQL con Dojo

fai 14 anos, 7 meses …/Javascript
Exemplo de uso de YQL con Dojo Cargar un RSS con YQL e Dojo, vía JSONP.
ler máis »

Yahoo Pipes, YQL e JSONP

fai 14 anos, 7 meses …/Javascript
Yahoo Pipes, YQL e JSONP Imos xogar con Yahoo Pipes e ver de que vai esta tecnología. Yahoo! Pipes é un contorno web 2.0 que permite definir de forma visual a transformación dunha fonte de entrada (xml, json, ...) e obter unha saída que poderá ser reutilizada por outras pipes ou outros servizos. Este concepto é coñecido como Mashup (aplicación híbrida, servizos que empregan outros servizos para proporcionar novos servizos). EXPERIMENTO: cargar a fonte RSS dunha web nunha pipe para transformala en JSON, tendo desta maneira a posibilidade de cargar os datos dende javascript noutra web (noutro dominio e dende o lado cliente) vía JSONP.
ler máis »

setTimeout en IE

fai 14 anos, 9 meses …/Javascript
Desgraciadamente teño que desenvolver solucións que funcionen no "incrible" navegador BastardIE (nótese o sarcasmo). Agora mesmo estou tentando facer unha animación en javascript e pensei que rematara ata que me din que non funciona. En javascript é habitualfacer uso da sentenza setTimeout para chamar a unha función que cambie os estilos creando o efecto desexado. Eu a maiores tiña que pasar a dita función unha serie de parámetros da forma:  
ler máis »

Eliminar a cabeceira de autenticación HTTP

fai 14 anos, 11 meses …/Javascript
Código javascript para limpar a cabeceira coa autenticación HTTP.
ler máis »