A sección "Código fonte" inclúe recortes de código que poden ser de axuda no traballo cotián ou exemplos de curiosidades dos linguaxes de programación.
fai 10 anos, 2 meses
…/PHP
É bastante común que ao instalar un CMS (drupal ou Joomla) se «silencien» os erros para evitar riscos de seguridade. Esta configuración, que é a recomendada, resulta molesta para o desenvolvemento e convén volver habilitar as opcións de mostrar os erros.
ler máis »
fai 10 anos, 11 meses
…/Spring Framework
Ao traballar cun contedor de servlets coma Tomcat, no momento de procesar un envío por POST e mostrar os datos enviados podemos atoparnos cunha codificación que non é a axeitada e ver os caracteres en ISO-8859 cando deberían estar en UTF-8.
ler máis »
fai 11 anos, 6 meses
…/PHP
Veño de publicar en github unha pequena utilidade para facer os «dumps» de táboas dunha determinada base de datos, vifito/joomdump.
ler máis »
fai 11 anos, 7 meses
…/PHP
Publicado o código de DatabaseIterator en Github
ler máis »
fai 13 anos, 6 meses
…/Javascript
overlib é unha biblioteca javascript que permitía permite crear o típico efecto de "tooltip" dende hai anos. A aparición de framework javascript coma jQuery, prototype, dojo, ... facilitaron a proliferación dunha morea de alternativas máis atractivas e que siguen deseños máis accesibles e menos intrusivos.
ler máis »
fai 13 anos, 7 meses
…/Java
SpringSource decidiu incrementar a productividade dos desenvolvedores creando Spring Roo. Esta ferramenta facilita o acceso a todas as principais e máis importantes tecnoloxías Java do momento, para crear aplicacións empresarias sen perder en rendemento. Facendo uso da consola que proporciona roo podemos crear a estructura do proxecto, as entidades JPA, os controladores e as vistas en Spring MVC, a interface en GWT, as buscas con Solr, fluxos con Spring Web Flow, desenvolver os nosos propios «addons», ... e finalmente paquetizar a nosa aplicación nun ficheiro WAR para posteriormente despregalo nun contedor web.
ler máis »
fai 13 anos, 10 meses
…/PHP
A potencia que ofrecen os arrays en PHP non está dispoñible en Javascript. En ocasións vémonos obrigados a facer verdadeiros quebracabezas a hora de transportar datos entre cliente e servidor se traballamos con formularios dinámicos. Co termo "formularios dinámicos" refírome a ese tipo de formularios que poden variar o seu número de campos no lado cliente antes de que sexan enviados.
ler máis »
fai 13 anos, 11 meses
…/Javascript
O día 2 de xaneiro entrou en vigor a Ley Antitabaco que prohibe fumar na maioría dos locais públicos salvo excepcións contadas. Para lembrarllo a xente ten que existir a cartelería correspondente nos locais. É aquí cando vexo os carteis de "Prohibido Fumar", e o sinxelo que sería debuxalos con simples trazos de liñas e círculos. Entón venme a cabeza a idea de debuxar un cartel de prohibido fumar empregando a tag canvas para deste modo ir probando funcionalidades de HTML5.
Botando man do libro "Dive into HTML5" do autor Mark Pilgrim e do seu capítulo "Let's Call it a Draw(ing Surface)" póñome mans a obra.
ler máis »
fai 13 anos, 11 meses
…/Javascript
Táboa de compatibilidade ECMAScript 5
ler máis »
fai 13 anos, 11 meses
…/Java
SpringSource decidiu incrementar a productividade dos desenvolvedores creando Spring Roo. Esta ferramenta facilita o acceso a todas as principais e máis importantes tecnoloxías Java do momento, para crear aplicacións empresarias sen perder en rendemento. Facendo uso da consola que proporciona roo podemos crear a estructura do proxecto, as entidades JPA, os controladores e as vistas en Spring MVC, a interface en GWT, as buscas con Solr, fluxos con Spring Web Flow, desenvolver os nosos propios «addons», ... e finalmente paquetizar a nosa aplicación nun ficheiro WAR para posteriormente despregalo nun contedor web.
ler máis »
fai 14 anos, 5 meses
…/PHP
Compilación e instalación da extensión runkit en contornos debian/ubuntu.
ler máis »
fai 14 anos, 5 meses
…/PHP
Supoñamos que no noso programa hai unha función definida e que o código avaliado contén unha que se chame igual. Qué sucedería? Cómo resolverlo?
ler máis »
fai 14 anos, 5 meses
…/Javascript
Dende esta semana está dispoñible o dicionario de galego GalDic no subdominio galdic.vifito.eu. O dicionario emprega unha base de datos propia e no caso de non atopar o termo busca no dicionario da RAG e na Galipedia.
O proxecto está deseñado para ser integrado en calquera sistema de xestión de contidos, proba delo é a inclusión do buscador na plataforma OpenNemas.
ler máis »
fai 14 anos, 7 meses
…/Java
Este venres pasei o exame para a certificación de programador Java (SCJP). Un exame que hai que levar preparado xa que o aprobado está nun 65%, e as preguntas son "a pillar". O mellor recurso para o estudo é o libro de Kathy Sierra.
ler máis »
fai 14 anos, 10 meses
…/Java
A comunicación entre javascript e un applet Java é moi sinxela. Para amosar o funcionamento deixo un exercicio de prácticas que fixen amosando como recuperar o applet no DOM e como acceder aos métodos que ten implementados.
ler máis »
fai 14 anos, 11 meses
…/Javascript
Unha das características engadidas a Opera dende a versión 9 son os Server-Sent Events (SSE), os cales forman parte da especificación WHATWG Web Applications 1.0. Facendo uso dos SSE podemos empuxar (push) eventos DOM dende o servidor ao navegador cliente dun xeito continuado.
ler máis »
fai 14 anos, 11 meses
…/Javascript
Até o de agora a forma de almacenar datos persistentes no navegador cliente pasaban por empregar cookies. Outras solucións precisa(ba)n de plugins instalados no navegador: JRE + applets, Flash player + , SQLite + Firefox , Google Gears, ...
Cando HTML5 esté amplamente extendido poderemos facer uso do API DOM Storage de HTML5 co cal os datos poderán persistir sen ter que empregar a dificultade do traballo coas cookies. Combinando esta característica cos métodos JSON#stringify e JSON#parse podemos almacenar obxectos complexos dun modo moi sinxelo.
ler máis »
fai 14 anos, 11 meses
…/Java
JAXB é unha tecnoloxía que proporciona unha maneira rápida de "mapear" documentos XML en obxectos Java. Dado un esquema XML (XML Schema *.xsd) que especifica a estrutura do documento XML, o compilador de JAXB (xjc) xera un conxunto de clases co código necesario para procesar, ou xerar, calquer documento XML baseado no esquema.
Para probar esta tecnoloxía propúxenme facer un parser das novas, en formato Atom, de vifito.eu. JAXB vén de serie con java 6, para comprobar que podemos facer este "experimento" basta con ir a consola e probar se temos o seguinte comando xjc.
ler máis »
fai 14 anos, 11 meses
…/JavaFx
Coa saída de NetBeans 6.8, o IDE inclúe soporte para JavaFx en GNU/Linux. Agora xa non é preciso coller o SDK para Mac ou os paquetes xerados por terceiros para ter esta contorna de desenvolvemento nunha plataforma Linux.
A curiosidade tentoume para probar o compoñente javafx.scene.media.MediaPlayer para ver si existe unha alternativa aos omnipresentes reprodutores de vídeo flash.
ler máis »
fai 14 anos, 11 meses
…/Javascript
Unha das funcionalidades implementadas no proxecto GalDic é a posibilidade de amosar os resultados da pesquisa procurando na galipedia (ou en calquer outro sitio que empregue mediawiki).
Este cliente fai uso do API de mediawiki e realiza peticións directamente dende o navegador cliente contra o servizo da wikipedia empregando a técnica JSONP (JSON with Padding), sen que sexa preciso empregar o servidor do sitio como proxy.
ler máis »