Hai un tempo atopeime cun erro (1045) ao arrincar o MySQL. O servizo de mysql tivera unha mala instalacion e non tiña acceso via cliente mysql porque tampouco puidera indicarlle cal era o contrasinal para o usuario root. A solucion foi parar o servizo e arrincalo en modo seguro sen cargar as taboas dos permisos.
Parar o servizo
$ sudo /etc/init.d/mysql stop
Arrincalo en modo seguro
$ sudo mysqld_safe --skip-grant-tables
Usar o cliente de mysql para cambiar o contrasinal de root
$ mysql -u root
mysql> use mysql;
mysql> UPDATE user SET password=PASSWORD("") WHERE User='root';
mysql> flush privileges;
mysql> quit
Agora queda matar o proceso de mysql seguro e iniciar o servizo normalmente.